Sunday 05 de May de 2024

Muxía está a recoller datos para crear unha guía empresarial a través dun formulario web


O manual servirá de base para o deseño e posta en marcha de campañas de promoción dos produtos e servizos locais.
O Concello de Muxía está a crear unha axenda empresarial a través dun formulario disponible en liña para coordinar a liña de traballo e superar xunto ao tecido empresarial e comercial de Muxía a crise económica derivada da pandemia do coronovirus.
Os destinatarios desta iniciativa serán todo o tecido empresarial do Concello de Muxía. A elaboración do sumario empresarial servirá de base para o deseño e posta en marcha de campañas de promoción dos produtos e servizos locais. Esta medida figura dentro do Plan de Reactivación Económica e Social do Concello de Muxía.
Unha vez finalizada a recompilación de datos a través da Internet, a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, en colaboración cos distintos departamentos do Concello, elaborarán a guía do tecido empresarial do Concello.
O alcade, Iago Toba, explica ao respecto que “esta é unha medida para impulsar o tecido empresarial de Muxía e servirá como punto de partida para a posta en marcha de futuras campañas de promoción dos productos e servizos locais”, sinala o rexedor.